Este venres regresa a Lugo o “Milagre” de San Vicente

Tras dous anos de ausencia regresa ao centro histórico unha das festas máis peculiares da cidade: o “Milagre” de San Vicente, no que manou viño da fonte da praza do Campo. Esta divertida tradición fai que, grazas ao patrocinio de Viliga (Viños e Licores de Galicia) o público desfrute gratuitamente do viño que mana a monumental fonte de San Vicente da Praza do Campo, onde se repartirán miles de vasos aos asistentes.

O mecanismo empregado para facer o “Milagre” é relativamente sinxelo e conta con tres grandes bidóns en que se deposita o viño, que a través de tubos alimentarios sae polos tres caños da fonte barroca de San Vicente. Hai que destacar que o viño non toca a fonte en ningún momento o que repercute tanto nun uso garantista do monumento, como na perfecta hixiene do evento, algo que a Asociación Lugo Monumental quere coidar meticulosamente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com