Mañá xoves, os Codex Cinema proxectarán un pase único do filme “FILMEI PAXAROS VOANDO” coa presentación e posterior coloquio por parte do equipo da película. “FILMEI PAXAROS VOANDO” é un documental de Zeltia Outeiriño, sobre o desarraigo os coidados e a liberdade.
Será ás 20:30h presentación e posterior coloquio.
Sinopse: Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e de súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou regresa a súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigo familiar. Na súa busca de respostas, sigue a vida de seu tío Antonio, un artesá téxtil co que se identifica pola súa creatividade e visión da vida. Sen embargo, é con súa nai con quen realmente se reencontra, sobre todo cando a saúde de Socorro empeora. Entre rodaxes e coidados, nai e filla encontran un espazo para curar vellas feridas e compartir momentos de complicidade e amor.