Este xoves os cines Codex proxectan en pase único o documental “Vidas Irrenovables”

Mañá xoves os cines Codex estrean en pase único o documental “VIDAS IRRENOVABLES”. 

Antes da proxección que terá lugar ás 20:30h haberá unha presentación por parte de Lucía A. Anido (ADEGA) e ao remate da exhibición haberá un breve coloquio.

A substitución das fontes de enerxía baseadas en combustibles fósiles por fontes de enerxía renovables está a esnaquizar os ecosistemas, as economías e as sociedades dos mundo rural en España. A falta de planificación e a nefasta xestión das administracións públicas está a poñer nun grave perigo a supervivencia do mundo rural. Algo que viña para salvar o medio ambiente e rexurdir a vida dos pobos, paradoxalmente estase convertendo en todo o contrario. Ante esta situación alarmante, moitas persoas resístense a ver morrer os seus territorios e están a dar as súas vidas para poder frear esta situación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com