Instituto Anxel Fole

Estudantes de seis centros da provincia de Lugo premiados no concurso “Atrévete a ter unha idea”

Alumnos de Seis centros educativos da provincia de Lugo acadaron galardóns no concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.

O obxectivo deste programa é darlle a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar a comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

Puideron participar no certame alumnas e alumnos de 5º/ 6º de Educación Primaria e 1º / 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Para facelo, deberon buscar unha idea de negocio e redactala como máximo en dúas páxinas. Os premios agora concedidos recoñecen as mellores propostas de negocio en cada zona.

Os estudantes premiados da Provincia de Lugo  foron: Rodrigo Paz Pin, do CEIP Anexa (Lugo); Helena Ben Vázquez e Xan Rodríguez Navarrete do IES Anxel Fole (Lugo); Bruno Fernádez Presedo CEIP Antonio Insua Bermúdez (Vilalba); Sergio Otero Vázquez, CEIP Manuel Mato Vizoso, (Vilalba); Daniel Iglesias Iglesia IES Fonmiñá (A Pastoriza); Iria Bermúdez Barreira, IES Plurilingüe San Rosendo (Mondoñedo).

Visitas a empresas

O programa ‘Atrévete’ ten dúas partes e, ademais do devandito concurso, inclúe unha serie de visitas do alumnado a empresas e asociacións de empresarios, onde un empresario da zona ofrece unha conferencia.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e diferentes asociacións empresariais en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer o tecido empresarial da súa contorna

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com