Esquerda Unida ven de emitir un comunicado no que celebra “a proposta da alcaldesa, Paula Alvarellos, de nomear fillos adoptivos de Lugo a Rafael de Vega Barrera e a Xesús Alonso Montero. No caso de Alonso Montero, apoiamos a iniciativa levada adiante por exalumnos, amigos e camaradas do profesor, e lamentamos o comportamento sectario do BNG de Lugo por opoñerse ao seu nomeamento”.
“Alonso Montero impartiu clases en Lugo durante case dezaseis anos, en pleno franquismo, converténdose nun referente intelectual e político na nosa cidade. Trátase dunha persoa que sempre conxugou, de maneira inseparable, a súa internacionalismo e o seu amor pola lingua e a cultura galega, demostrando unha profunda solidez nas súas conviccións ético-políticas”.Subliñan.
Esquerda Unida lamenta” o sectarismo do BNG ao votar en contra da proposta, e instamos a Rubén Arroxo a aclarar cales son os supostos posicionamentos polémicos en diferentes temas de Alonso Montero que levaron ao BNG a opoñerse ao nomeamento, algo que nin sequera fixo o Partido Popular, situado nas antípodas ideolóxicas do vello profesor”.
“O BNG de Lugo non ten en conta que Alonso Montero leva desenvolvendo desde hai preto de setenta anos un eminente labor como galeguista, facéndoo ademais nun momento en que a defensa pública da lingua galega tiña un gran mérito, debido a que requiría de valentía, defenden dende EU”, e en Lugo, “concretamente, facíao vinte anos antes do nacemento do propio BNG, algo que poden testemuñar un bo número de alumnos seus que posteriormente militaron nesa organización política. Unha organización que en ocasións comete o grave erro de tentar patrimonializar a nosa lingua”.
“Alonso Montero desenvolveu innumerables as actividades culturais que Alonso Montero promoveu e segue promovendo na nosa cidade ao longo dos anos. Por destacar algunha, en 1963 organizou a exposición bibliográfica con motivo do primeiro centenario dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, subliñan.
Asemade continúan , “e por atoparnos no ano Castelao, queremos destacar o esforzo de Alonso Montero por recuperar a obra do insigne intelectual e político galego; por exemplo coa publicación en 1962 de Retrincos, editados cunha breve introdución súa e con gravados de Maside, na colección Fondo de Cultura Gallega. Ou a edición de Cousas, realizada aquel mesmo ano pola Editorial Galaxia, ademais da de Os dous de sempre, tamén naquela época”.
Tal e como sinalou a alcaldía: “Con esta distinción, Lugo recoñece a Xesús Alonso Montero polo seu papel clave na formación de xeracións de estudantes e na defensa da lingua galega”.