Evacuado ao Hospital da Costa, en Burela, o tripulante dun pesqueiro por mor dunha emerxencia médica.
O servizo de Salvamento marítimo recibiu unha chamada de alerta contra as seis da mañá pedindo a evacuación dun tripulante que navegaba á bordo do pesqueiro Cruz y Cristo, con base en San Cibrao. O buque atopábase a 50 millas ao oeste de Burela e nel viaxaban seis tripulantes.
Segundo relataron fontes de Salvamento Marítimo a Xornal de Lugo, ao lugar dos feitos trasladouse a embarcación Salvamar Alioth, que levou a porto ao tripulante contra as oito menos vinte. Posteriormente foi trasladado ao Hospital da Costa.