Evacuado en Alfoz un operario tras caer dunha altura de catro metros

Un operario foi evacuado esta mañá en Alfoz polos servizos sanitarios  ao resultar ferido despois de precipitarse dende unha altura duns catro metros, aproximadamente.

Axentes da Garda Civil, que se achegaron ao lugar tras ser alertados polo 112 Galicia, indicaron ao persoal deste Centro de emerxencias que o home, no momento de producirse o accidente, realizaba traballos de electricidade nun serradoiro, situado no lugar de O Barral, no Concello lucense de Alfoz.

Urxencias Médicas foi quen alertou ao CAE 112 Galicia do  acontecido, sobre as 10:30 horas desta mañá. O ferido foi trasladado en ambulancia ao Hospital de Burela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com