O 112 Galicia tivo constancia do acontecido contra as 14:30 horas da tarde, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: unha vaca acababa de escornar a un home no lugar da Casanova, en Bardaos.
Ao mesmo tempo, os profesionais sanitarios comunicaron que mobilizaban o seu helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no lugar do accidente.
No operativo participaron, ademais, os axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil do Incio.