A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este martes unha xuntanza cos veciños afectados polos terreos fóra de aliñación, que invaden a beirarrúa e dificultan o paso de peóns, entre os portais 362-372 desta vía, e deste xeito mellorar a seguridade viaria nesta transitada arteria da cidade.
Nesta reunión, a rexedora trasladoulles que o Concello vaille facer unha encomenda de xestión á empresa municipal EVISLUSA, para que elabore tanto o proxecto para a obtención dos terreos, como a posterior redacción do proxecto de urbanización dos mesmos.
Deste xeito, resólvese unha demanda e unha débeda histórica que defenden os veciños e veciñas, “que compartimos, polo que lle imos a dar solución para que o antes posible poidamos resolver este problema urbanístico existente na Avenida da Coruña”, segundo explicou Lara Méndez.