Éxito da Feira do Capón de Vilalba 2023

Esta mañá celebrouse cun novo éxito de asistencia, a tradicional Feira do Capón, unha das citas máis especiais do ano na capital chairega. Á cita  acudirón máis dun milleiro de veciños e visitantes que se acercaron á vila chairega  para desfrutar deste día de lecer e gastronomía.

Dende ás 10.00 horas, momento en que a feira se abriu ao público, todos os visitantes puideron desfrutar ademais, de outros exquisitos produtos da Terra Chá como o queixo de San Simón, o roscón de Vilalba, diferentes tipos de carnes, marmeladas, mel ou mesmo as filloas de Muimenta.

Nesta nova edición participaron 37 criadoras e criadores, que censaron máis de 1.200 exemplares. Resultaron premiados cos prestixiosos galardóns da Feira do Capón Oliva Souto, polo maior número de exemplares traídos á feira; María del Carmen Barro, mellor criadora; Milagros Lozano, polo mellor par; e Vanesa Coira, pola mellor cesta. Houbo un premio especial para as novas incorporacións ao rexistro de criadoras e criadores: Paz Domínguez, Laura Cortiñas e Fernando Méndez.

Á feiratamén acudiu o conxunto da corporación local, coa alcaldesa Marta Rouco á fronte. Ademais asistiron a subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; Javier Arias, delegado da Xunta en Lugo e os deputados provinciais Roberto garcía Pernas e José María Arias, así como outras autoridades.

A alcaldesa declarou “quero poñer en valor o traballo de todas as criadoras e criadores, porque para celebrar esta feira no Nadal é imprescindible o seu traballo durante todo o ano, coidando e criando con mimo os capóns de Vilalba”.

“O prestixio internacional da Indicación Xeográfica Protexida Capón de Vilalba é o resultado dun proceso de cría artesanal e o obxectivo é o mesmo desde o século XIX: que este manxar tan exquisito e esperado no Nadal sexa da maior calidade, respectando unha tradición centenaria loada e admirada por todo o mundo que pasa de xeración a xeración”, engadiu a alcaldesa.

Dende as 12.30 horas repartíronse de froma gratuíta na foodtruck máis de 400 tapas de capón para que todo o mundo probase este manxar con tres elaboracións diferentes da man de AUTGA Autóctonas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com