A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participaron este venres no faladoiro de María Xosé Porteiro, A nova misoxinia: a violencia simbólica, que tivo lugar no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo. Este tercer relatorio está enmarcado dentro dos Faladoiros Feministas, a programación, totalmente gratuíta, que Deputación e Concello de Lugo, coa colaboración do Foro feminista Maruxa Mallo, ofrecen aos lucenses co fin de crear un espazo de diálogo e reflexión da sociedade dende o punto de vista das mulleres.
No relatorio, a xornalista e coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, María Xosé Porteiro, reflexionou sobre a violencia simbólica. Un concepto que se emprega para describir unha relación social onde o denominador exerce un modo de violencia indirecta, que utiliza patróns estereotipados, mensaxes, valores ou signos para transmitir e reproducir a dominación, a desigualdade e a discriminación, naturalizando a subordinación da muller na sociedade.