Éxito de participación no I Campionato de Futbolín Concello do Incio. Sobre a pista do polideportivo houbo 120 parellas chegadas de toda Galicia, de Asturias e Castela e León. Ao final da tarde repartíronse máis de 2.000 euros en premios.
O alcalde Héctor Corujo, manifesta a súa ledicia pola “alta participación e pola importante inscrición local no torneo”. O Concello do Incio pensa xa en organizar unha liga con parellas locais para animar a seguir xogando e en tamén facer unha nova edición deste campionato.No taboleiro, as clasificacións de primeira, segunda e terceira
categoría.
Na categoría local gañaron Magdaleno e Pereiro. Manu e Vila foron segundos. Para organizar este campionato o Concello do Incio contou coa colaboración de Lucus Recreativos.