Gran éxito na presentación do programa turístico “Viaxe ao reino de Lugh” en Fitur

O pasado sábado día 23 ás 18:00 horas, no stand que Turgalicia tiña instalado en Fitur, tal e como estaba previsto, presentouse o programa turístico para Lugo e a súa provincia “Viaxe ao reino de Lugh”. Un novidoso paquete turístico de cinco días de duración no que os turistas que o contraten poderán gozar de cinco días inesquecibles, percorrendo Lugo e a súa provincia.

É a primeira vez que un programa turístico en Lugo manterá aos visitantes cinco días na nosa provincia. Baixo o lema de “Unha viaxe máxica á Galicia Celta”, os viaxeiros poderán coñecer o noso pasado castrexo, percorrer a mariña luguesa, ver construcións prerromanas, viaxar en catamarán ou degustar a nosa gastronomía, todo elo aderezado con música galega e celta.

A presentación, que contou coa presenza do grupo de música Brath, estivo durante a hora e vinte minutos que durou o concerto e o pase do vídeo con imaxes da provincia, que os turistas e viaxeiros poderán gozar sen fan a Viaxe ao Reino de Lugh, abarrotado de xente, e mesmo cando rematou a presentación moitos dos asistentes solicitaron información deste paquete turístico. A presentación deste novidoso proxecto turístico foi, sen dúbida, o acto máis masivo dos que se celebraron no stand galego de Fitur, neste ano 2016.

A actuación de Brath contou co apoio da Área de Turismo da Deputación Provincial, que dirixe Eduardo Vidal Baamonde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com