Experiencia e continuidade nas listas do PP para Congreso e Senado

O Partido Popular de Lugo concorre ás próximas eleccións xerais cunha candidatura continuísta, “como corresponde a uns comicios excepcionais” como son os do próximo 10 de novembro. É un candidatura que ten por cabeza de lista ao Congreso a Jaime de Olano e, ao Senado, a José Manuel Barreiro. Os candidatos inician a carreira do 10-N co obxectivo de levar á presidencia do Goberno a Pablo Casado, que é, destacan, o valor máis seguro para traballar a partir de todo o que nos une para superar os grandes retos aos que se enfronta España, no seu conxunto, e a provincia de Lugo en particular, tan afectada pola situación que atravesan empresas como Alcoa-San Cibrao e a térmica de As Pontes.

A presidenta provincial do PP, Elena Candia, sinala que estas eleccións teñen un carácter excepcional, por moitos motivos. O primeiro deles, que non deberon de ser necesarias. “O PSOE nunca debeu presentar a moción de censura e moito menos se non era capaz de buscar os apoios suficientes para formar un goberno estable”. Por iso, sinala Candia, pola excepcionalidade da convocatoria, se optou para a lista electoral polo continuísmo e a experiencia.

Candia indica igualmente que, como se recolle no lema elixido polo PP para esta convocatoria electoral, “este é o momento de buscar todo o que nos une”, o que une a sociedade española; é o momento de fuxir de conflitos, de personalismos e de pensar no noso país, na creación de emprego, nas familias que pasan por momentos de incerteza.

O cabeza de lista ao Congreso, Jaime de Olano, amosouse agradecido pola confianza expresada pola dirección provincial e galega do partido para encabezar a listaxe ao Congreso “pero, sobre todo, para defender os intereses da miña provincia, de Galicia e dos españois”. O candidato adiantou así, que a primeira inicativa que presentará na cámara baixa será “pedir a supervivencia e mantemento da actividade industrial de Alcoa e de todos os empregados.

Polo seu lado, José Manuel Barreiro manifestou tamén o seu agradecemento ao partido por confiar de novo en el e expresou «un compromiso claro e total na defensa dos intereses da provincia». Engadiu: «Desde Lugo temos que contribuír a conseguir a estabilidade que necesita España e non ten». Barreiro está convencido de que os cidadáns saberán valorar electoralmente, despois da inestabilidade e a falta de eficiencia dos meses de Goberno de Pedro Sánchez, que o PP si sabe xestionar, como quedou claro durante a presidencia de Mariano Rajoy, e como o demostra cada día a Xunta presidida por Alberto Núñez Feijoo. A Lugo, di Barreiro, interésanlle o PP e Casado.

Novas relacionadas

  1. Luis Díaz
    Out 08, 2019 - 09:11 PM

    Como decía el exministro pepeteiro , mezclacadáveres de los avioncitos ¡ Manda huevos ! . Esta gente tiene tanta chorra que del defecto de los demás , electoralmente , sacaran virtud ( de la que carecen )

    Reply
  2. José Manuel González Díaz
    Out 08, 2019 - 07:05 PM

    O caso e coller a silla, despois non a deixan nin de coña. E a vivir, que son dous días.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com