Exposición ao público do censo electoral para as Eleccións Xerais do 28 de abril

Durante o período comprendido entre os días 11 e 18 de marzo, ambos os dous inclusive, estará exposto ao público o censo electoral para as Eleccións Xerais do vindeiro 28 de abril de 2019 e pechado ao día 1 de xaneiro de 2019, ao obxecto de que todos os veciños empadroados poidan comprobar a súa correcta inscrición nas listas de votación, e no seu caso, facer as reclamacións oportunas.

A consulta informática das listaxes electorais, que se deberá realizar persoalmente, é un trámite necesario e convinte para toda a cidadanía co fin de garantir o exercicio do dereito ao voto.

O lugar de exposición destes datos será nas Oficinas Municipais, na Rolda da Muralla en horario de 9 horas a 14 horas en días laborais e de 10 horas a 14 horas os días 16 e 17 (fin de semana).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com