O próximo domingo, 14 de maio, vaise celebrar a Romaría de San Vitorio na capela do Santo sita na parroquia begontesa de Damil, recuperando a tradición que levaba interrompida os últimos quince anos.
Con este motivo, no Restaurante Casa Varela de Damil, que rexenta Daniel Ferreiro López (“Dani”), ven de abrirse unha exposición de pintura sobre temas relacionados coa romaría do San Vitorio -o santo, a capela, a contorna…- como colaboración con esta celebración na parroquia, dun grande arraigo popular en toda a comarca.
Cinco dos cadros expostos son de Marina López López, a matriarca de Casa Varela, grande afeccionada á pintura, que xa veu colgando varias das súas obras no establecemento; un de Ramón Fernández Campos, pintor de Saavedra, e un de José López Soto, recentemente falecido, que foi alcalde do Concello de Muras.
A exposición pode ser visitada libremente no horario do Restaurante, de domingo a venres (ámbolos dous incluídos).
Na fotografía, Marina López e Daniel Ferreiro.