A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle unha exposición de Manuel Pérez Villar titulada “Emocións” e integrada por 16 pinturas ao óleo inspiradas en paisaxes de Navia de Suarna.
A mostra poderá ser visitada ata o día 27 de setembro, de luns a venres en horario de mañá e tarde e o sábado 21 pola mañá.