Hoxe, ás 17,30 horas, no Centro Comarcal da Ulloa, en Palas de Rei, se inaugurou a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra deste escritor paradelense, que promove Galicia Digital coa familia do homenaxeado e o Concello de Paradela, co apoio da Xunta de Galicia, D.O.Ribeira Sacra e Real Academia Galega.
Asi mesmo, foi presentado o libro Manuel Rodríguez López, 25 anos despois, que recolle medio cento de textos literarios de escritores e amigos, xunto con autores premiados no Certame do Concello de Paradela que leva o nome do escritor ao que ten declarado Fillo Predilecto.
No acto participou o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez; os alcaldes de Palas de Rei (Pablo Taboada) e Paradela (José Manuel Mato Díaz); a Xefa territorial de Política Social da Xunta en Lugo, Cristina Abades; a viuva do escritor, Irene López, e o Director de Galicia Digital, Antonio Giz.