A mostra fotográfica “Fillos de Breogán” do artista local Alejandro Real que está instalada nas ventás do Círculo das Artes da rúa Bispo Aguirre, forma parte de Culturban e procura amosar a obra de artistas locais, que están a ser premiados, nomeados ou apoiados polo seu talento e proxección en distintas partes do mundo.
A mostra de fotografía Fillos de Breogán, de Alejandro Real, consiste nunha viaxe ao pasado a través dos rostros de galegos que posúen uns trazos característicos do centro e norte de Europa. Trazos que trouxeron consigo os pobos que habitaron estas terras hai máis de 1.500 anos e que hoxe en día se conservan especialmente nas zonas máis illadas do rural.
Alejandro Real (Lugo, 1983)
Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía Artística na Escola de Arte Ramón Falcón. Gañador do XIV Premio “Luis Ksado” de creación fotográfica, do Maratón Fotográfico do Campus de Lugo e do Concurso de Relato Fotográfico Dra. Susana Santeiro entre outros.
Ago 05, 2021 - 08:09 PM
É un pracer leer estas cousas en Xornal de Lugo, e non tantas cousiñas do PP. Parabens.