O Centro de Convivencia Maruja Mallo acolle dende onte unha mostra dos traballos realizados polas persoas que participaron nos distintos obradoiros de Animación Sociocultural realizados neste centro, organizados polo Concello de Lugo. A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou esta mostra, que permanecerá exposta nestas instalacións ata o día 25 de maio
