A exposición que conmemora os vinte anos do Fondo Galego estréase en Lugo

A mostra coa que o Fondo Galego de Cooperación conmemora os seus vinte anos de andaina estreouse hoxe en Lugo no marco da Semana Intercultural organizada polo Concello e o colectivo Lugo Xusta. A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, a técnica do Fondo Galego, Carmen Novas, e a representante do colectivo Lugo Xusta, Adela Figueroa, inauguraron esta mostra, composta por seis cubos, que permanecerán instalados na Praza Maior ao longo de toda esta semana para divulgar o labor realizado por esta rede de administracións locais comprometidas coa solidariedade internacional, recoñecida como axencia municipal da cooperación galega.

No acto, a edil enxalzou o compromiso do Concello “para tratar de conseguir un mundo máis xusto, colaborando, nos máis de 150 proxectos que leva a cabo o Fondo Galego en 25 países”. Dar a coñecer a contribución de deputacións e concellos coma o de Lugo á construcción dun mundo máis xusto, ao tempo que se fomenta unha opinión pública favorable á cooperación para o desenvolvemento, son os obxectivos desta exposición, que contou no seu novidoso deseño co ilustrador Pepe Carreiro, autor dos sonados Bolechas. Os paneis fan un repaso pola orixe do Fondo Galego, os proxectos apoiados ao longo destas dúas décadas en países empobrecidos ou as actividades de sensibilización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com