Despois de varios días de durísimo traballo, os Bombeiros de Lugo veñen de confirmar que o incendio, iniciado o pasado domingo 11 de abril nunha nave depinturas do Polígono Lucense do CEAO xa está totalmente extinguido.
Os medios de intervención dedicaron preto de dúas semanas a levar a cabo tarefas de extinción, seguimento e arrefriamento da zona. Así, varios reténs seguiron no punto estes últimos días para evitar que os rescaldos avivasen.
Asemade, durante esta semana a Policía levou a cabo o inicio das averiguacións para coñecer as causas do suceso.