A factura electrónica será a única que teña entrada no Concello

A partires de hoxe, 30 de xaneiro, as facturas dirixidas á entidade local deben ser electrónicas, unha obriga que se recolle na Ordenanza reguladora de Administración Electrónica. Así o indicou a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, quen sinalou que “a factura electrónica simplificará os trámites ás empresas que prestan servizos e facturan á entidade local e tamén lles fará máis sinxelo o seguimento da tramitación que se seguen nelas”.

Ademais, facilitará o trámite para todos os provedores, axilizando o procedemento, aumentando a transparencia e sendo máis respectuosos co medio ambiente, posto que se elimina o uso do papel.

Nesta liña, Ana Prieto lembrou que no ano 2016, no que xa se podían presentar electronicamente, o Concello recibiu un total de 12.265 facturas electrónicas a través da plataforma habilitada pola Administración Xeral do Estado, un 71% do total, mentres que en papel tiveron entrada no Rexistro Municipal 4.932 facturas.

Pódese consultar máis información sobre a factura electrónica na web municipal www.lugo.gal, onde está dispoñible un documento explicativo sobre o dito procedemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com