Falece a escritora Luz Pozo Garza

Luz Pozo Garza nacera en Ribadeo 21 de xullo de 1922 e o seu pasamento produciuse hoxe na Coruña. Tiña 97 anos e unha vida dedicada á literatura. En paz estea.

Integrante da xeración dos cincuenta era un referente no panorama literario galego.

Deixa unha obra poética luminosa, existencialista e delicada. Ese xeito de escribir, converteuna nunha das voces máis importantes da literatura galega de todos os tempos.

Era membro da Real Academia Galega e foi catedrática de Ensino Medio e Directora da revista Nordés. Publicou os poemarios: O paxaro na boca(1952), Últimas palabras-Verbas derradeiras (1975), Concerto de outono (1981), Códice Calixtino (1986), Prometo a flor de loto (1992), Vida secreta de Rosalía (1996). Tamén destacou como ensaísta: A bordo de Barco sin luces, Galicia ferida (A visión de Luís Seoane) (1994), Álvaro Cunqueiro e Herba de aquí e acolá’ (1991), ademais de artigos nas revistas Nordés, Griale e Clave Orion

Foto: Concello de Ribadeo.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Ana Fernández
    Abr 20, 2020 - 10:36 PM

    Que guapa con 97 anos!!!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com