Un motorista sarriao de 58 anos de idade faleceu hoxe tras colisionar de fronte contra un turismo. O accidente tivo lugar no quilómetro 29,9 da estrada LU-546, á altura da Valiña. A vítima foir alcanzada por un turismo que circulaba en dirección contraria e facía unha manobra de xiro para entrar nun restaurante.
Ata o lugar desprazouse un helicóptero sanitario para intentar reanimar á vítima sen éxito.