Contra as 18:30 horas, varios particulares contactaron co 112 Galicia para informar do acontecido: un turismo acababa de colidir contra un camión no quilómetro 543 da N-120, ao seu paso pola parroquia de Atán. As primeiras informacións facilitadas polos alertadores apuntaban a que a persoa era incapaz de abandonar o vehículo.
Os bombeiros excarceraron ao condutor do turismo, por cuxa vida os servizos sanitarios nada puideron facer. A estrada permanece cortada en ambos sentidos durante os traballos dos servizos de emerxencias.
De inmediato, solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada. Ao mesmo tempo, o persoal sanitario comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.
Unha vez no punto, os bombeiros empregaron o seu material de excarceración para liberar ao condutor do turismo, cuxo falecemento foi finalmente confirmado polos servizos de emerxencias.