Falece o empresario Ramón Estévez, expresidente do CB Breogán

O empresario que abriu unha quincena de supermercados do grupo Gadis en Lugo, Ramón Estévez, e que fora presidente do CB Breogán entre o 88 e o 93, faleceu onte aos 84 anos de idade.

Estévez foi quen impulsou a conversión do club celeste en Sociedade Anónima Deportiva e quen conseguiu grandes patrocinadores como apoio para o Breogán. Asemade, realizou numerosas xestións con diferentes institucións para garantirlle ao club un pavillón acorde á ACB (o Pazo dos Deportes), liga na que permanecería dende a entrada de Estévez ata a súa saída da presidencia por motivos de saúde. O empresario lucense tamén estivo implicado noutros dous grandes equipos da cidade como son o CD Lugo, no que estivo como vicepresidente e o Ensino, do que foi directivo.

A CEL envía o pésame

Ante esta nova, a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) transmitiu hoxe, mediante un comunicado, o seu pésame polo falecemento do empresario ao que describen como “un traballador incansable e un ilustre membro da sociedade lucense”.

Para a CEL hoxe é un día de luto pola perda de Estévez, “unha persoa sempre dispostas a aportar o seu gran de area”. Directivos e persoal da Confederación de Empresarios conservan un “grato recordo” deste empresario “querido e respetado non só como referente para o tecido económico lucense senón tamén pola súa calidade himana, pois estaba sempre que se lle necesitaba apoiándonos de palabra e obra e traballando cóbado con cóbado connosco cando era necesario”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. optica carlos
    Mai 08, 2019 - 07:28 PM

    D.E.P

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com