Falece un octoxenario ao saírse da vía o vehículo que conducía na N-VI en Lugo

Un octoxenario perdeu a vida esta tarde tras sufrir un accidente de tráfico co seu vehículo cando circulaba pola  N-VI en sentido a Madrid.

Segundo os datos  facilitados polo 112 Galicia, o sinistro ocorreu ás seis desta tarde, cando o turismo no que viaxaba a víctima saíuse da vía e chocou contra unha farola. Como consecuencia do impacto, o home quedou atrapado no interior do vehículo, polo que tiveron que intervir os bombeiros da cidade.

Unha vez liberado, a vitima foi atendido por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias,  pero nada puideron facer para salvarlle a vida.

Este operativo activouse logo de recibir no  CIAE 112 as chamadas doutros condutores que informaban do accidente e solicitaban asistencia médica urxente para o único ocupante do vehículo, que, finalmente, resultou falecido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com