Falece Paula Alvarellos alcaldesa Lugo. Onte á tardiña cando se dispoñía a ler o pregón do entroido, a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, sentiuse indisposta e inmediatamente se avisou ao servizo de emerxncias que a trasladou en ambulancia ata o Hula.
Alí foi atendida pola unidade de coronarias e practicáronlle un cataterismo. No transcurso da noite o seu estado empeorou e foi trasladada ao CHUAC, onde faleceu.
O concello emitiu un comunicado no que informa de que se suspenden todos os actos do entroido.