Un varón faleceu esta mañá en Vilalba tras ser golpeado por unha árbore. Sobre as 11:45 horas, Urxencias Médicas indicaba ao persoal do 112 Galicia que o helicóptero medicalizado con base en Ourense se desprazaba ata Mourence, ao lugar do Coto, para atender a unha persoa que quedara atrapada baixo unha árbore.
Tras recibir o aviso do persoal sanitario, o CAE 112 Galicia requiriu a intervención dos Bombeiros de Vilalba, Garda Civil e de Protección Civil.