Un varón perdeu a vida mentres traballaba na súa finca de Antas de Ulla. O corpo da vítima quedou suspendido dunha árbore que podaba a cinco metros de altura. Os feitos tiveron lugar na parroquia de Peibás, no lugar de Verín. Urxencias Médicas desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto. Os servizos sanitarios alertaban do suceso ao 112 Galicia ás 12:40 horas.
Decontado, dende o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil e ao GES de Monterroso. O 112 Galicia informou do ocorrido tamén aos Bombeiros de Chantada, aínda que, finalmente, descartouse a súa intervención. Con todo, os servizos de emerxencias que se desprazaron ata o lugar nada puideron facer por salvarlle a vida.