Falece un motorista logo de colidir contra un coche en Quiroga

Pasaban dez minutos das 18 horas desta tarde cando un particular chamou ao 112 Galicia para alertar sobre este accidente, que se rexistrou no quilómetro 31 da LU-933 na parroquia de Nocedo. No primeiro momento, explicaba que o motorista resultara ferido de gravidade.

De inmediato, desde o 112 Galicia solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel e da Garda Civil de Tráfico.

Finalmente, os servizos de emerxencia confirmaron o falecemento do motorista, un garda civil de 47 anos que pertencía ao destacamento de O Barco de Valdeorras, mentres que os efectivos do GES procederon coas tarefas de limpeza do asfalto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com