Falece un mozo de Sarria tras saírse da vía o seu coche ao tratar de esquivar un can

Un mozo de Sarria faleceu esta noite tras saírse da vía co seu coche ao tratar de esquivar a un can. O accidente tivo lugar na estrada que vai de Sarria a Paradela e debido ao forte impacto, o mozo quedou atrapado no interior do vehículo, polo que, foi preciso a intervención dos Bombeiros que, excarceraron ao falecido. No vehículo viaxaba outra persoa que tamén tivo que ser evacuada polo persoal sanitario e trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Os pais do falecido, nada mais chegar ao lugar, tamén tiveron que ser atendidos polos técnicos sanitarios. Pasaban uns minutos das 23:30 horas da noite pasada,  cando Urxencias Médicas informaba ao CAE 112 Galicia do accidente. A partir de aí, requiriuse a intervención dos Bombeiros, dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Sarria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com