Unha saída de vía, rexistrada esta noite en Alfoz, deixa unha persoa falecida. O sinistro tivo lugar no quilómetro 1 da estrada de Oirán, a DP-0205. Unha persoa particular alertou do accidente ao 112 Galicia, ás 00:40 horas desta noite.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Barreiros e do GES de Cervo. Tamén se informou á Garda Civil de Tráfico.
Ata o lugar do sinistro desprazouse unha UVI móbil. Con todo, a vítima acabou falecendo no mesmo lugar do accidente.