Unha persoa perdeu a vida esta mañá ao colidir de fronte o vehículo no que viaxaba contra outro coche en O Corgo. O corpo da vítima tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Sarria. Segundo informou 112 Galicia, no accidente tamén resultaron feridas dúas persoas, que foron trasladadas en ambulancia ata un centro hospitalario. O sinistro ocorreu na vía rápida que une Sarria e Monforte. Un particular alertaba da colisión ao 112 Galicia ás 10:20 horas.
Nese momento, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico.