Dous motorista faleceron nun accidente de tráfico no que se viron implicados o seu vehículo e un turismo cando circulaban pola LU-903, ao seu paso pola parroquia de Santo Acisclo, no concello de Monforte de Lemos.
O 112 Galicia tivo constancia do sinistro ás 17:15 horas desta tarde. A esa hora, os profesionais sanitarios comunicaban ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia o accidente rexistrado na estrada que une as localidades de Monforte e Castro Caldelas.
Deseguido, o xestores de emerxencias do CIAE-112 Galicia solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Monforte, dos axentes de Tráfico e Policía Local e Protección Civil da localidade.
A pesar dos esforzos dos servizos de emerxencia desprazados ata ao lugar, nada puideron facer por salvarlle a vida dos motoristas.