Outros tres anciáns diagnosticados de Covid-19 faleceron esta tarde en Lugo. Segundo informa a Consellería de Sanidade son dúas mulleres de 87 e 80 anos con patoloxías previas, que estaban ingresadas no Hula e que procedían da residencia Domus Vi de Outeiro de Rei e unha terceira muller de 88 anos ingresada no hospital de Polusa.