O xurado do certame de arte José Domínguez Guizán, convocado polo centro cultural do mesmo nome, de Begonte e formado por Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo; Gonzalo Sánchez Folgueira (zalo), pintor; Manuel Gulín Rodríguez (pintor), e Xulio Giz Ramil, en representación do centro convócante, como secretario sen voz nin voto, acordou por unanimidade emitir o seguinte fallo:
Conceder o premio José Domíngue Guizán, dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos, a Manuel Carballeira Rivas, natural de Sistallo-Cospeito, veciño de Valdoviño, pola obra “Baixamar”.
Ademais pola calidade das obras presentadas, concedéronse cadansúa mención de honra dotada con estatuiña de Sargadelos, aos autores das seguintes obras:
“Reflexos no porto”, de Fernanda Fernández Suárez de vigo “O Pedrido”, de Francisco Maceira Rodríguez, de ferrol. “Babelia”, de Vicente J. Roura Gómez, de Pedrafita-Guitiriz.
Os premios serán entregados no decurso do acto de clausura do Nadal en Begonte, a celebrar o próximo 28 de xaneiro no centro cultural da localidade.