O xurado cualificador dos traballos presentados ao XXLI Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, convocado polo Centro cultural “José Domínguez Guizán”, formado por : José Domínguez Guizán, presidente do Centro Cultural convocante; Xavier Rodríguez Barrio, poeta, e Xulio Giz Ramil, xornalista, que actúa como Secretario. Por unanimidade, acordaron emitir o seguinte fallo:
Premio Begonte de Poesía, dotado con 600€ e estatuíña de Sargadelos, ao poema Xesús ficou espidiño, presentado baixo o lema Altarium de Xosé Otero Canto de Lugo.
Segundo Premio, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos ao poema Bo Nadal, de Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), de Xanceda-Mesía (A Coruña).
Asemade o xurado tamén concedeu, pola calidade dos traballos presentados, concédense cadansúa Mención de Honra, dotada con estatuíña de Sargadelos aos poemas:
Sonetos, Por la Rosa de los vientos, A Dios recién nacido en Begonte, presentado co lema Cecilio Acebo del Valle, do que é autor Antonio-Esteban González Alonso, de Cacabelos (León)
Navideñas, Gloria y Paz… presentado baixo o lema Navidad: He Aquí el paraiso, de Jesús Rial Varela, de Ferreiros-O Pino (A Coruña).
Os premios serán entregados o próximo 28 de xaneiro, sábado, no decurso do acto de clausura de O Nadal en Begonte.