Falta de persoal especializado en violencia de xénero na Comisaría de Lugo

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero queremos transmitir a nosa preocupación, así como advertir da evidente irresponsabilidade que denota a falta de persoal na UFAM (Unidade de Familia e Axuda a Muller), durante prácticamente toda a Semana Santa, así como durante a fin de semana.

Dito doutro xeito, desde o día 18 de abril, Xoves Santo, ata o luns, 22, a Comisaría de Lugo non contará coa presenza de ningún axente especialista en Violencia de Xénero, o que quere dicir que, se unha muller é agredida, e acude a presentar unha denuncia, o terá que facer na ODAC (Oficina de Atención ao Cidadano), como se se tratara de calquera outro delito, atendida por policías que posiblemente sexan excelentes profesionais, pero totalmente alleos a esta materia e descoñecedores, por tanto, en moitos casos, de como debe ser atendida unha vítima de violencia de xénero.

Intolerable é, así mesmo, a total falta de intimidade que sufren as mulleres que acuden a denunciar, que se ven obrigadas a agardar as veces durante longouísimos períodos de tempo co resto da xente que vai a presentar outras denuncias, para, a continuación, pasar a Oficina de Denuncias, na que se escoitan perfectamente as conversas, ruidos, etc, procedentes das persoas que están agardando fora, así como dos Policías que se atopan no recinto contiguo a devandita oficina. Voces, risas, contínuas entradas e saídas do persoal, interrupcións telefónicas, etc, etc, son o ruido de fondo que deben soportar estas mulleres que, como é de agardar, acuden nunha situación moi delicada e vulnerable.

Esta falta de persoal non se da soamente nesta ocasión, se non que é algo que ocorre cada fin de semana, a partir do Venres pola tarde, e non é a primeira vez que a muller que tenta poñer a denuncia se lle recolle, indicándolle que volva o Luns, cando a Ufam estea a funcionar, co conseguinte perigo que isto implica.

Esta situación é algo recurrente, que se repite sempre durante os periodos vacacionais, días festivos, pontes, etc, etc, o que demostra que non se teñen en conta para nada os factores de risco que claramente influen nas situacións de violencia de xénero, como é o intercambio de menores para as vacacións ou fins de semana, aumento das saídas e inxesta de alcohol ou outras sustancias, por mencionar tan só algúns deles, e que elevan, por lóxica, o nivel de perigo para as vítimas e, mesmo nalgún caso para os menores, que se atopan con que xustamente nesas situacións especialmente críticas é cando mais desprotexidos están.

Tan só no caso de que a muller que acude a Comisaría sexa agredida de gravidade, se dará aviso a alguien do persoal da Ufam que estea como eles mesmos denominan “de incidencias”, pero que non se atopa nas dependencias policiais e que, lóxicamente, tardará un tempo en acudir desde o momento no que sexa localizado,, dando por suposto que isto suceda de xeito rápido.

Por outra banda, isto non ven se non a demostrar que ese funcionamento impecable que se nos está a vender por parte da Policía, e que tenta dar a apariencia dunha protección case blindada as vítimas de violencia de xénero, é totalmente falso, e que, durante longos períodos de tempo, e cando o perigo é mais probable, están totalmente desprotexidas.

Esta gravísisma eiva foi denunciada desde a asociacíón Si, hai saída en innumerables ocasións, sen que obtivéramos nunca resultado algún. Pola contra, sempre se minimizaron as nosas reclamacións, rematando por ignoralas, como demostra o feito de que a situación non mudou en absoluto.

É inconcebible e intolerable que unha Institución con un papel decisivo e fundamental na asistencia e protección as vítimas de violencia de xénero como é a Policía Nacional, amose tal indiferenza e tal grado de irresponsabilidade, desoindo, ademais, cantos intentos se fan para tentar dialogar e, porén, arranxar esta situación, contribuindo, así, a expoñer as mulleres maltratadas a un doble risco, ou, para falar con propiedade, por moi duro que poida soar, a maltratalas tamén.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com