Fapacel denuncia “presións” da Administración para realizar as reválidas

A Federación Provincial de Apas de Lugo, Fapacel,denuncia que a administración educativa, por medio da inspección, “exerceu presión sobre as familias e os centros educativos” para que realizasen as reválidas de sexto de primaria “sen ter en conta que a cidadanía ten capacidade crítica para tomar as súas propias decisións”.

Unha denuncia pública que fai Fapacel no último día de ditas probas ás que, segundo a Plataforma en Defensa do Ensino Publico non asistiron un 80% dos alumnos, mentres que a Xunta reduce a cifra ao 40%.

Fapacel agradece as familias que secundaran o chamamento realizado polas asociacións de nais e pais e polos sindicatos para non levar os seus fillos a clase durante estes días. A este respecto, animan a que as familias volvan amosar o seu rexeitamento a este sistema os vindeiros días 24 e 25 cando terán lugar as probas para os alumnos de terceiro de primaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com