A tenda online da farmacia lucense ‘Farmacia Labandeira’ é dende principios de mes a primeira da provincia autorizada pola consellería de Sanidade da Xunta para a venda online de medicamentos de uso humano non suxeitos a prescripción médica.
Só se poden vender a través da web aqueles medicamentos para o autocuidado da saúde que estean destinados a procesos ou condicións que non precisen unha diagnose precisa e que son cualificados como tal pola Axencia Española de Medicamentos e de Produtos Sanitarios (AEMPS), é dicir, medicamentos que non precisan receita médica.
Os usuarios poderán atopar na súa páxina web o selo que acredita a venda legal de medicamentos non suxeitos a prescripción médica.