Ir paseando polas rúas da cidade e pisar as feces dun can xa é algo habitual en Lugo. Unha situación que ten preocupada a gran parte da cidadanía que considera esta situación un foco de suciedade e insalubridade e que o Concello de Lugo mantén no tempo. É o caso, por exemplo, de veciños e empresarios da praza Viana do Castelo que mandaban as súas queixas a este medio esta mesma mañá.
A veciñanza da zona insta ao Goberno local a pór unha solución ás feces e ouriñes que se acumulan na rúa e que a converten nun auténtico campo de minas. A culpa, din, non é da maioría das persoas que teñen mascotas ao seu cargo pero si dunha parte deles que permiten aos seus animais facer as súas necesidades en portas de edificios e negocios e, por riba, non as recollen.
A praza Viana do Castelo non é unha excepción na cidade. As feces dos cans decoran as rúas de toda unha cidade que pretende atraer ao turismo.
De parte desas denuncias fíxose hoxe eco tamén o Partido Popular no Concello de Lugo, que instou ao Goberno a que adopte xa medidas para evitar as molestias para os veciños, a mala imaxe e a insalubridade que provocan as feces de cans en vía pública e nas zonas de esparexemento. A concelleira popular Beatriz Vázquez explicaba esta mañá que “os cidadans ven que hai unha certa despreocupación da administración local que non exerce ningún control sobre os infractores”. O PP denuncia que “só se fagan campañas esporádicas de conciencación e non atallen de forma definitiva este problema”.
Dec 11, 2020 - 10:18 PM
Gente muy guarra que deja la calle así y se va tan pancha, y no les digas nada que aún tienen más que decir, después como siempre pagan justos por pecadores.
Dec 11, 2020 - 08:27 PM
Es q lo ay por todos los lados pero no es culpa de los perros si nos de los humanos por recojerlas q yo tengo visto delante mia no recojer y llamarle la atencion pero lo ay en todos los lados