A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, ven de anunciar o inicio dun novo curso, dentro do Programa de charlas da Federación , no que ofertan unha xornada informativa sobre “Dereitos sexuais para todos” que se celebrará, como en anteriores ocasións, no local social da Federación, pola Doutora Estefanía Fernández Otero.
Este curso terá lugar o mércores 9 de marzo de 2.016, ás 19:30 da tarde, as persoas interesadas poderán solicitar información a través dos teléfonos 982203721 e 982801692.