A Federación de Veciños quere que a Xunta acometa xa o saneamento da zona rural de Lugo

A Federación de Asociacións de Veciños “LUCUS AUUSTI”,ven de emitir un comunicado onde insta á Consellería de Medio Ambiente, a continuar a planificación e licitación dos plans de saneamento acordados co Concello de Lugo, para que todo o municipio acceda a a este servizo básico, que segundo a federación, o 80 % continua sen saneamento”.

Para a Federación “Lugo dada a súa extensión, mais de 53 parroquias e múltiples núcleos de poboación, a súa dispersión e o envellecemento da súa poboación, debe de ser un concello de actuación prioritaria. Para iso, solicitamos un plan cuatrienal de tramitación urxente”.

Tamén demandan que o financiamento o aporte a Xunta de Galicia, se non na totalidade si na súa maior parte. “Entendemos que o financiamento debe de ser total (100 %) ou maioritariamente achegada pola Xunta de Galicia, xa que debemos de facer memoria dos fondos europeos recibidos para investimentos na Galicia interior e que nunca ao interior chegaron, marchándose a zonas desenvolvidas na contorna de grandes cidades e do Eixo Atlántico”.

O comunicado remata: “o rural de Lugo non pode continuar por máis tempo sen saneamento, con fosas sépticas inadecuadas, sen traídas de auga potable (consumen auga de pozos ás veces sen control sanitario) nin con verteduras incontroladas”.

A Federación ten previsto promover de forma inmediata, reunións con todos os grupos políticos do ámbito galego, para coñecer o súas posicións e a súa implicación nesta formulación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com