A Federación Secretariado Gitano organiza mañá no club Clavicémbalo un concerto solidario para recadar fondos. A actuación terá lugar a partir das dez e media. O encontro musical, que inclúe jazz, rap e flamenco, contará cos artistas Telmo Fernández, Rodrigo López, Carlos Doval, Salvador Coriñas, Adolfo Shark, Álex Cortiñas e Álex León, así como cun grupo de flamenco.
O donativo da entrada será, en venda anticipada, de 2,5 euros e en venda no propio local da actuación, 4 euros. Todos os interesados poden comprar a súa entrada na oficina da Fundación, situada na Ronda do Carmen, 50.
No evento colabora o concello de Lugo. A concelleira de Benestar Social, Ana González Abelleira, convidou hoxe a colaborar coa entidade.