O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, salientou que, fronte aos partidos que falan con “catastrofismo e
superficialidade”, o PP é o único que “cre e defende o rural”. O presidente asegurou que “o que menos precisa a España baleira son palabras baleiras”.
Así, durante unha visita a unha explotación gandeira en Lamaboa (Lugo), o líder do PPdeG destacou que, a diferenza do resto de formacións para os que o rural é “un mero trámite”, o PP conta cunha “axenda do rural completa, con propostas detalladas e concretas”. Neste punto, sinalou que “un Executivo que goberna directamente co populismo, o nacionalismo e o independentismo; que arrisca o traballo das familias que traballan en Ence e das que venden madeira en Galicia; ou que cambia o regulamento de costas ameazando edificacións, depuradores, colexios, cetáreas, fábricas de conservas ou 3.500 explotacións bateeiras, non pode defender o rural”.
O presidente autonómico puntou que, ante dificultades deste ámbito, “o Partido Popular é a única formación que ten respostas”. Así, Feijóo puxo como exemplo o “problema demográfico”, do que destacou que é preciso un modelo de financiamento que “prime a dispersión e o avellentamento de lugares como Galicia” e cunha política fiscal que priorice
vivir no rural.
Do mesmo xeito, avogou por unha lexislación que dea prioridade ás tramitacións das industrias que se queiran implantar no rural; por un plan para a xestión das crises agrarias e a estabilización das rendas; por acceso a Internet, para continuar homologando as condicións de vida no ámbito rural e urbano; e porque o interior de Galicia “estea no mapa” coas mesmas infraestruturas que outros lugares de España.
Feijóo recalcou que o futuro do rural “tamén se xoga” nas institucións comunitarias, de aí que sexa fundamental un goberno forte e que saiba negociar con Europa e “non un goberno títere que para gobernar necesite dos independentistas e dos nacionalistas”.
Para o líder do PPdeG, o rural está no ADN de Galicia e que vai seguir marcando o futuro da nosa comunidade: “É posible conxugar rural e futuro”. Así, fronte aos que o desprezan, din que non hai expectativas e só “lle saben atribuír estereotipos”, Feijóo fixo fincapé en que o Partido Popular está disposto a seguir traballando por el e que aposta por políticas que atraian cada vez máis xente a vivir no rural e do rural. Por iso, pediu o voto para poder seguir dotándoo de recursos e oportunidades.
Abr 16, 2019 - 02:10 AM
Homeeeeeeeeeee por iso apoias ti tanto o rural. Unha marabilla tes o rural!
Abr 15, 2019 - 11:38 PM
Niña madriña a qn quere engañar este iluminao …..
Abr 15, 2019 - 10:29 PM
DEJA LA BEBIDA , TE HACE MAL EN LA CABEZA, MEJOR ANDA A DAR UNA VUELTA EN BARCO , SI EL DE TU AMIGO EL TRAFICANTE.
Abr 15, 2019 - 09:29 PM
Así vamos, todo grazas a tí.
Abr 15, 2019 - 08:34 PM
Home mira tí se defendedes o rural que case toda a programación da TVG está pensada para a xente das aldeas , así e doado seguir manipulando para non abandonar o caciquismo e as redes clientelares .