A partir do venres ás 15:00 horas, catro concellos da provincia, Lugo, Burela, Monforte e Viveiro, pecharán a hostalería. Así o acaba de anunciar o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo nunha rolda de prensa onde informou das medidas tomadas esta mañá logo da reunión mantida o comité clínico. Asemade, continuará o confinamento perimetral nas sete cidades galegas.
Ademais do peche da hostalería, que deberán baixar as rexas na súa totalidade, salvo servizos a domicilio, limítase o deporte á práctica individual. Esta novas restricións terán unha vixencia dun mes.
O comercio continuará coa súa actividade e os desprazamentos por motivos laborais, sanitarios e educativos estarán permitidos. En canto ás actividade culturais limítase o aforo nos cines, teatros e auditorios ao 50% cun máximo de 30 persoas en recintos pechados.