Feijóo eloxia o mérito dos medios para crear comunidade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou hoxe o gran mérito dos medios de comunicación para crear comunidade e elaborar todos os días lugares virtuais de encontro. “A boa comunicación non parcela, non divide, senón que agrupa e elabora todos os días lugares virtuais de encontro”, aseverou, recordando que os medios galegos forman parte desa Galicia que define o seu camiño sendo fiel a si mesma e mantendo sempre ese vencello profundo entre os galegos.

Feijóo afirmou que o valor do bo periodismo, “e da boa política”, consiste precisamente en informar e actuar, en cumprir coa súa misión, arriscándose a equivocarse e estando dispostos a rectificar. “Nin o fariseo que acusa aos demais, nin o Pilatos que se lava as mans son modelos axeitados para unha sociedade en marcha”, dixo, incidindo en que nin a democracia representativa nin o periodismo están vacinados contra os erros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com