Feijóo pide o voto aos que din si ás prioridades de Galicia

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto a todos os que din si ás prioridades de Galicia máis aló de prexuízos, siglas, partidos e ideoloxías.

Deste xeito, o candidato popular á presidencia da Xunta, que participou nun mitin en Viveiro, solicitou o voto “para unha Galicia que di si, que quere moito máis que elixir un partido ou outro, que lle importa máis que o país funcione, que haxa máis oportunidades, que as cousas marchen, e non simplemente quen derrota a quen”.

“A todos eses galegos que, a pesar das diferenzas que poida haber, coinciden comigo en que hai dúas prioridades e din si ao benestar dos fogares e din si ao progreso do país”, insistiu.

“Se me votan, eu responderei e se non me votan tamén lles direi algo: gobernarei para todos e o que fagamos todos xuntos tamén será positivo para eles”, afirmou o presidente en funcións.

Feijóo tamén cuestionou a aqueles que din que os populares esconden as siglas. “Hai alguén que non saiba por que partido me presento? Algún dos que estades aquí non sabedes que estades nun mitin e que estamos pedindo o voto?”, preguntouse.

Nese senso, advertiu que, malia que todo o que os partidos da oposición propoñen para Galicia consiste en ir contra Feijóo e todo o reducen a unha cuestión de siglas, partidos e enfrontarse os uns cos outros; Galicia é moito máis.

Deste modo, incidiu en que unicamente os populares teñen un proxecto que pode garantir todo isto xa que é máis que unhas siglas: “é experiencia, é programa, é estabilidade, é responsabilidade; e para quen é bo é para Galicia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com